top of page

Polas circunstancias que estamos vivindo, queremos facervos unha proposta de actividades para que o alumnado poida seguir traballando  con materiais que temos na casa. Destacamos os seguintes aspectos:

Rutina: É importante que todos os días teña un anaco no que se senten a realizar unha tarefa, para que non perdan o hábito de traballar sentado

Autonomía persoal: É importante que reforcedes na casa habilidades como vestirse-desvestirse sós, lavar as mans, lavar os dentes… Tamén propoñemos que colabore en algunha tarefa da casa sinxela como poñer a mesa, colaborar tendendo a roupa dando as pinzas…

Actividades de clasificación: clasificar elementos que teñamos por casa ( xoguetes, pinzas, tenedores e cucharas, pasta e arroz) e separalos en duas  bandexas onde temos un elemento como indicador.

Os números: podemos aproveitar situacións diarias para contar (as pinzas que sacamos o recoller a roupa, os saltos que da na cama elástica…)

Series:  Facer series de cores ou de elementos con obxectos que teñamos pola casa ( palliñas de cores: verde, amarela, verde,amarela….)

Identificación: Sinalar, coller, dar o elemento que se lle indica entre dous que se lle propoñen

Motricidade fina: Rechear unha botella con grans de arroz, garbanzos…colocar pinzas, realizar  torres, recortar…

Experimentación: Unha actividade pode ser ofrecerlle nun recipiente con pintura, espuma de afeitar, xelatina… con elementos dentro que teña que atopar e sacar para fóra. Xogar cos trasvases de elemento. Ofrecerlle unha recipiente con algún elemento (arroz, pasta, auga, area) e que teña que pasala a outro recipiente ( ca man, con unha culler, un vaso…)

Os contos: Como todos sabemos o importante que é a lectura, recomendamos que se lle conten contos incidindo na entonación, en que mire e toque para catar a súa atención.

Apps: A Tablet é un recurso moi motivador polo que queremos facervos algunhas recomendación: Juegos de burbujas para niños, Juegos y puzles de bebés, Sígueme, soy visual.

A continuación presentamos outro tipo de recursos que vos poden ser de utilidade.

pincha ahí

recursos educativos.PNG
bottom of page