✔ Partimos do Artigo 20.5 do Decreto 229/2011, atendendo á organización das ensinanzas nos centros de educación especial:
20.5. As ensinanzas nos centros de educación especial e nas unidades de educación especial dos centros ordinarios contemplarán unha educación básica obligatoria e unha formación profesional adaptada e de transición á vida adulta. A educación básica á que se refire o apartado anterior terá unha duración mínima de dez anos e centraráse no desenvolvemento dos obxectivos e competencias básicas no grao no que as características personais do alumnado o posibiliten. A formación profesional adaptada estará encamiñada á adquisición de competencias profesionais e das habilidades da vida diaria que permitan ao alumnado desenvolverse coa máxima autonomía posible. Esta formación, no seu caso, poderá ter efectos de acreditación das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional. A consellería con competencias en materia de educación establecerá a ordeación de ditas ensinanzas.