top of page

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Polas circunstancias que estamos vivindo, queremos facervos unha proposta de actividades, para que o alumnado poida seguir traballando con recursos que temos na casa. Destacamos os seguintes aspectos:

Autonomía persoal: É importante que reforcedes na casa habilidades como vestirse-desvestirse sóa, lavar as mans, lavar os dentes…

Adquirir responsabilidades: Recomenzamos que se aproveite este tempo que hai que estar en casa para facer os nenos partícipes das tarefas da casa, como poñer a mesa, lavar a taza do almorzo, tender a roupa..

Realizar recados: Que vaia xunto a outro membro da familia para trasmitirlle unha mensaxe ou facerlle unha petición. Insistindo en que empregue os elementos formais da coversación: Saúdo, por favor, grazas…

Reforzar a escritura de forma autónoma: No colexio están adquirdas as vogais e a C-L-N-S-T-F. É importante seguir traballando nesta liña para que non perda o hábito

Recortar con tesoiras: Esta  habilidade ten que mellorala con práctica. Pódese poñer líneas e que recorte pola línea ou pedirlle que recorte imaxes de revistas ou catálogos. Insistindo en que suxeite ben a tesoira.

Actividades de percepción espacial: Pódese traballar de forma sinxela con elementos que teñamos en casa. Reproducir  patróns, ben realizados cos mesmos obxectos que logo ela ten que copiar, ou debuxando nun papel e ela ten que reproducilo cos obxectos. ( con palliñas de plástico de cores, con pinzas, con macarróns…)Colocar gomas de colores nun tuvo de rollo de cociña seguindo o patrón previamente debuxado.

A lectura: Moi importante o traballar cos contos, tanto para que lean e sexan capaces de contar o que len, como para que disfrute coas contadas de contos. Tamén e interesante traballar a lectura en voz alta, por eso incluímos algunha ficha sinxela de lectura comprensiva

Os euros: Traballámolos de forma manipulativa mediante xogos como o mercado onde simulamos que van a comprar e teñen que pagar, ou con actividades onde lle escribimos unha cantidade de euros e teñen que colocar ó lado as monedas correspondentes, e a inversa, poñemos nos monedas e billetes e teñen que escribir cantos hai.

O reloxo: Para que vaia interiorizando as horas propoñemos  que alguna vez no día se lle pregunte que hora é? e que se lle marque algunha actividade con horario ( As 3 e media podes ver a tv…) Na carpeta de “outros” deixámosvos un arquivo de reloxo, no que podedes atopar tarxetas de números, para poder adaptar un reloxo da casa e así facilitarlle a súa comprensión (o 5 para pegar o lado do 1, 10 para pegar ó lado do 2.)

Apps: A Tablet e un recurso moi motivador  polo que remomendamos aplicacións como Leo con Grin, Matemáticas con Grin, MyABCKit, Leo con Lula

 

Ademais, premendo nos outros enlaces podedes atopar recursos para traballar as diferentes áreas .

2.2.MATE.jpg
PORTADA LINGUA.jpg
2.3.OUTROS.jpg
bottom of page