top of page

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA MARTA:
1ª Semana
Visualizar cada vídeo por separado en distintos momentos do día (debe de manterse sentada e o remate, con apoio, aplaudir coas súas mans, empezando suave ata que note unha presión forte).
Sería convinte algunha actividade manipulativa o día (gústalle ensartar pezas, xogar con tarxetas e rasgar papel con axuda, así como que pinte nun folio).

2ª Semana

Seguimos coas propostas de actividades anteriores e continuamos con estas outras:
COCIÑAMOS EN FAMILIA
Un ZUME de laranxa ( con axuda que empregue o exprimidor)
Facemos PAN ( que amase coas duas mans)
Unha TORTILLA Francesa  (con axuda que bata os ovos)

3ª Semana

Continuamos mantendo o mesmo tipo de actividades sempre que sexa posible ( visualización de videos didácticos musicais, traballar a tonicidade
das mans con aplausos e actividades manipulativas de xogos , cociñando e como non aplaudindo todos as 20.00h.)
A Marta gústanlle os globos para tocalos,cóllelos,apretalos,lanzalos…
É importante que manteña un horario para acostarse e levantarse e seguir co control de esfínteres na medida do posible,
Vai un video de Bos Días que pode servir para ver todas as mañáns antes de ver os contos ou escoitar música.
Facela partícipe nas tarefas da cociña colaborando con apoio.
E lembrade que temos que seguir LAVANDO MOI BEN AS MANS e MOITAS VECES!!!

4º Semana:

Mantemos a mesma liña de actividades ,sempre dentro das posibilidades,pois agora que xa podemos sair a pasear hai que facer que o paseo sexa una actividade de todos os días coa novidade da mascarilla que como xa se estreou con ela e non a quitou hai que intentar manter o hábito, MOI BEN MARTA ¡!!

Como propostas novas tamen pode sair a pasear co seu can Tai e logo cepíllalo. E axudar a cociñar o pastel de piña

5ª Semana:

 Imos avanzando hacia a nova normalidade intentando manter as rutinas diarias de Marta.

Eso si , agora ademais do paseo xa podemos ir a Praia que lle encanta.

Seguimos colaborando na cociña preparando unas Natillas caseiras que van nun video moi sinxelo. E con este tempo caluroso fresquiñas na neveira van a gustar mais.

E como non , que siga coidando e paseando o seu can Tai. Tamén hai uns videos didáctico – musicais da primavera ; poderia con apoio facer un debuxo con moito colorido.

6ª Semana:

Xa estamos chegando o remate do curso, e tamén xa podemos sair máis a rúa .eso si , sempre que sexa posible seguimos acostumbrándonos a estar coa MASCARILLA e LAVANDO MOITAS VECES AS MANS.

Seguiremos coas rutinas establecidas dentro das posibilidades e os tempos que teñamos na casa. Como novidade Marta podería colocar ben os peluches da súa habitación ,con apoio e orientandoa de onde se deben colocar ,

Visualizamos os videos novos e como estamos na semana dos OCÉANOS intentamos con axuda que Marta pinte un folio cheo de mar azul.

E por suposto una receita para cociñar en familia: PASTEL DE CARAMELO que é un postre moi faciliño!!!

bottom of page