top of page

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA MARIÑA:
1ª Semana:
Actividade diaria de escribir nun caderno a data e facer un copoiado do seu menú (almorzo, comida, merenda e cea)
Deixar que axude facendo o seu almorzo, recollendo e ordeando a súa habitación.

Se ten a posibilidade de ter o xornal, buscar unha noticia que lle chame a atención, o mapa do tempo e os 7 erros.
Debuxo libre.

2ª Semana

Seguimos coas propostas de actividades anteriores e continuamos con estas outras:

COCIÑAMOS EN FAMILIA
Un ZUME de laranxa 
Facemos PAN 
Unha TORTILLA Francesa  
E axudamos a poñer a mesa e logo recollela

3ª Semana
Imos seguir as rutinas das actividades anteriores, é importante ter un horario establecido para facelas ( por ex. Pola mañá despois do aseo, facer o almorzo e ordear a habitación , copiar a data e o menú do día no seu caderno).
Vai un vídeo de Bos Días que pode ver todas as mañáns así como encenda o ordeador.
Repasa os videos dos euros , do reloxio , do litro e do metro.
Espero que che guste un experimento de ciencia moi faciliño que ti podes facer.
E escoita con moita atención os vídeos da reciclaxe así como o conto de
como coidar o NOSO PLANETA. , pois esta semana celebramos o DÍA DO PLANETA e temos que COIDALO ENTRE TODOS.
E lembrade que temos que seguir LAVANDO MOI BEN AS MANS e MOITAS VECES!!!

4ª Semana

 Mantemos a mesma liña de traballo , sendo moi convinte manter os horarios e as rutinas,agora que Mariña xa ten na cas os seus cadernos de lecto escritura na casa.

Xa estamos a sair a pasear e usamos mascarilla e luvas ,ESTUPENDO!

Tamen podes axudar na casa dobrando toallas e gardandoas no seu sitio e facer entre todos un pastel de piña.

Vai un xogo do coronavirus para xogar con teu irmá.

5º Semana:

Imos avanzando hacia a nova normalidade seguindo coas rutinas diarias que ten Mariña e que vai desenvolvendo ela xa por costume , estando pendiente das video chamadas que facemos e que xa empeza a facer con algún compañeiros.

Tamen pode enviar sinxelos was saudando ( por exemplo a sua amiga Desi ) : OLA DESI , QUE TAL ESTAS ¡ e un video de BOS DIAS que vou mandar.

Como lle gusta debuxar con música, vai facer un debuxo da primavera despois de ver e escoitar os videos, que empregue moito colorido.

Aparte dos cadernos da casa toca contar EUROS de un en un ata 100.

E practicar as horas en punto , analóxico (se temos un reloxo grande de cociña , por exp.) e dixital (no móvil e ordeador , por exp.)

Seguimos colaborando na cociña preparando unas Natillas caseiras que van nun video moi sinxelo. E con este tempo fresquiñas na neveira van a gustar mais.

6ª Semana

Xa estamos chegando o remate do curso, e tamén xa podemos sair máis a rúa ,eso si , sempre que sexa posible seguimos acostumbrándonos a estar coa MASCARILLA e LAVANDO MOITAS VECES AS MANS.

Seguiremos coas rutinas establecidas dentro das posibilidades e os tempos que teñamos na casa para seguir facendo os cadernos.

E temos que ver un xornal. Buscar unha noticia(rodeala), o mapa de Galicia do tempo( rodear o mapa ) e buscar os erros. Visualizamos os videos novos e como estamos na semana dos OCÉANOS Imos debuxar un folio cheo de mar azul moi limpo e outro folio cun mar sucio cheo de plásticos ( pegamos ).

E por suposto una receita para cociñar en familia: PASTEL DE CARAMELO que é un postre moi faciliño!!!

bottom of page