top of page

PROPOSTAS ACTIVIDADES PARA DAVID:
1ª Semana:
Como ten un caderno de actividades de Coñecemento do Medio, facer 2 páxinas cada día (lendo e escribindo).
Ler cada día 1 páxina do libro de Adiviñas que ten na casa.
Se ten a posibilidade de ter xornal (aínda que sexa atrasado), ler unha noticia, recortala ,escribir o titular e poñer a data e páxina que corresponda.
Facer tarefas de axudar na casa e ordear a súa habitación (facer a cama).

2ª Semana:

Seguimos coas propostas de actividades anteriores e continuamos con estas outras:
COCIÑAMOS EN FAMILIA
Un ZUME de laranxa 
Facemos PAN 
Unha TORTILLA Francesa  
E axudamos a poñer a mesa e a recollela

3ª Semana
Seguimos traballando no caderno de actividades e na lectura do libro das adiviñas.
Os mércores vemos o xornal e ademàis dunha noticia para escribir o titular, buscamos o tempo ,os 7 erros e facemos a sopa de letras.
Non esquenzas de facer a túa cama e ordear a habitación e ademáis vas facer a lista da compra para que a leve túa nai ó super.
Repasa os videos dos euros , do reloxio , do litro e do metro.
Espero que che guste un experimento de ciencia moi faciliño que ti podes facer.
E escoita con moita atención os vídeos da reciclaxe así como o conto de
como coidar o NOSO PLANETA , pois esta semana celebramos o DÍA DO PLANETA e temos que COIDALO ENTRE TODOS.
E lembrade que temos que seguir LAVANDO MOI BEN AS MANS e MOITAS VECES!!!

4º Semana

 Mantemos a mesma liña de traballo coas actividades do caderno de Sociais , a lectura do libro das adiviñas e os cadernos dos euros que xa ten na casa.

Non deixes de colaborar nas tarefas da casa e da tua horta que xa sei que che gustan moito os animais e as veigas.

Temos que seguir intentando conectar o ordeador, para poder ver os videos , ÁNIMO!

5º Semana:

 Mantemos a mesma liña de traballo coas actividades do caderno de Sociais , a lectura do libro das adiviñas e os cadernos dos euros que xa ten na casa.

Non deixes de colaborar nas tarefas da casa e da tua horta que xa sei que che gustan moito os animais e as veigas e estamos no tempo de sulfatar e sementar o millo.

Bueno tamen a pescar, que de seguro que xa estas esperando para poder ir o coto con teu pai.

Seguimos colaborando na cociña preparando unas Natillas caseiras que van nun video moi sinxelo. E con este tempo fresquiñas na neveira van a gustar mais.

Xa estamos chegando o remate do curso, e tamén xa podemos sair máis a rúa,eso si , sempre que sexa NECESARIO PORQUE ESTAMOS CERCA DA XENTE coa MASCARILLA e por suposto continúa LAVANDO MOITAS VECES AS MANS .

Seguiremos coas rutinas establecidas dentro das posibilidades e os tempos que teñamos na casa para seguir facendo o caderno dos euros e as lecturas

Visualizamos os videos novos e como estamos na semana dos OCÉANOS E por suposto una receita para cociñar en familia: PASTEL DE CARAMELO que é un postre moi faciliño!!!

bottom of page