top of page

A  AULA VERMELLA QUEDA NA CASA

Estimadas familias:

Nesta situación  tan extraordinaria na que nos atopamos  toca adaptarnos rápidamente a unha nova realidade e a dinámicas descoñecidas. Isto que non é  nada doado para nós como adultos resulta menos doado aínda para os nosos cativos e cativas. É por iso que nace este espazo, para que, entre todos, consigamos  que o día a día dos nosos nenos se leve a cabo do xeito máis normalizado posible.

Como ben sabedes, coas nenas e neno da aula vermella buscamos, principalmente:

  • Integrar habilidades comunicativas.

  • Adquir o maior nivel de autonomía persoal  e social.

O traballo nestes  dous obxectivos son fundamentais  para os vosos fillos  e fillas polo que, para seguir nesa línea, debemos manter unha serie de rutinas o máis estables posibles.

Principalmente e, como xa sabedes, é moi importante que os nosos nenos e nenas teñan estruturado o entorno que os rodea, para comprender e anticipar situacións (lembrade que a anticipación das actividades diarias, na medida do posible, é fundamental).

Con respecto á comunicación, seguide estimulando, como xa sei que facedes, as capacidades comunicativas do voso fillo/filla, tanto no nivel expresivo (“o que di”) como comprensivo (“o que entende”). Sabedes que é moi importante potenciar situacións comunicativas enriquecedoras para os cativos, porque isto lles permite relacionarse  co mundo que os rodea e coas persoas do seu entorno. Engadir a isto que, sempre que poidades, incorporedes os signos que sabedes que coñecen, como o de traballar, xogar, comer e/ou beber…

Con respecto a autonomía persoal, se con voso fillo/a  se leva a cabo un control de esfínteres, continuade  como ata agora respetando as horas acordadas para o mesmo, de xeito que poidamos seguir, pese a todo, avanzando neste eido.

Nas actividades de vida diaria relacionadas co vestido/desvestido seguide prestándolles axuda cando o precisen, pero lembrando que buscamos a maior autonomía/colaboración posible (poñer/quitar chaqueta ou camiseta, subir/baixar pantalón ou roupa interior, calzarse/descalzarse). O mesmo con respecto á hixiene (lavar e secar mans coa maior autonomía posible, peiteado e cepillado de dentes ) e á alimentación (se pode merendar e comer coa menor axuda posible, mellor que mellor!).

Ademais…

Tentade (sen agobios e dentro das posibilidades materiais e de tempo coas que contedes cada nai/pai) seguir traballando no campo da  estimulación multisensorial. O que buscamos con este tipo de estimulación é crear sensacións (ademais das visuais e auditivas)  táctiles, olfativas e de gusto (experimentando, por exemplo, con sabores e olores), vestibulares ( a través  de xogos de movemento, por exemplo con globos e pelotas, pasearse nun columpio/hamaca aquel que conte cos elementos…) e somáticas (contacto corporal directo: mediante masaxes, relaxación...) buscando o desenvolvemento da propiocepción. A través do desenvolvemento destas sensacións os nosos nenos e nenas terán mellor conciencia corporal, o que  lles permitirá ter un maior control e  facilitaralles a exploración do entorno e a realización de actividades físicas por iniciativa propia (*irei subindo actividades deste tipo á carpetiña denominada “multisensorial/experimentación).

Aproveitade os recursos que as novas tecnoloxías nos achegan. O uso de ordenador ou tablet permite, a través de diferentes xogos ou apps, traballar certos contidos interesantes (como a atención, a percepción e a memoria) cos cativos e, ademais, son fonte de recursos interesantes para o ocio (música, contacontos, debuxos animados…)

Aínda que sabemos que, nesta situación de confinamento, as actividades motoras/físicas vénse moi condicionadas, sería importante realizar na casiña:

  • Actividades de práctica sistemática de desplazamentos con referencias espaciais (movendose polo entorno no que estedes), subida e baixada de escaleiras, rampas…

  • Actividades que impliquen funcións manipulativas como rasgar, amasar, pintura de dedos…

  • Actividades de motricidade fina como realizar trazos libres co dedo, trazos con instrumentos (ceras, lapis, pinturas …) colocar pinchos, meter  bolas nun cordón...

Para finalizar, comentarvos que non desesperedes, chegan días duros nos que veredes retrocesos ou perda de habilidades xa adquiridas nos vosos fillos, nos que estaredes cansos e con pouca paciencia pero, ao final, todo volverá a ser como antes. Mentres esa normalidade non chega, compartirei recursos neste espazo e escoitareivos, se o necesitades, neste outro: paula.isabel.couto@edu.xunta.es   Forza, familias!

MATEMATICAS.PNG
RECEITAS.PNG
´LECTOESCRITURA.PNG
ATENCIÓN_PERCEPCION_E_MEMORIA.PNG
EXPERIMENTACION MULTISENSORIAL.PNG
CONTOS.PNG
PROXECTO DE AULA.PNG
bottom of page